Sunday 05 de May de 2024

O Boudsport de Ordes regresa a casa con dous ouros do Professional Taekwondo Open


O Club Boudsport volveu a demostrar a súa valía no Professional Taekwondo Open, celebrado esta fin de semana en Zamora. En total foron sete competidores, dos cales dous saíron vitoriosos das finais. Tamén se acadou o terceiro posto por equipos na categoría precadete. Os ouros foron para Sara Gacio Cendal (cadete) e Daniel Botana Beis (precadete). A prata leváronna Christian Loureiro (precadete) e Tania Gándara (senior selección), mentres que o bronce foi para Manuel Castro Rodríguez (cadete). Outros dos participantes do equipo ordense foron Pablo Liñares Bustabad e Mateo Boudjenane Liñares.